jueves, 23 de marzo de 2023

CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL " EU TAMÉN SON DIFERENTE"

 CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL " EU TAMÉN SON DIFERENTE"

Boas tardes. 
Co propósito de contribuír a visibilización e normalización das persoas , en especial dos nenos e nenas que presentan necesidades especiais ou algún tipo de discapacidade física ou intelectual, Productos Ecolóxicos Maruxas S.L organiza un concurso de debuxo infantil no que os nenos e nenas de Educación Primaria poderán materializar a súa visión sobre esta temática.
Cada participante presentará un traballo ORIXINAL (cartel, ilustración, debuxo,...) cunhas medidas DIN A4 en horizontal ou vertical. Para a realización do debuxo está permitido empregar as seguintes técnicas : lápices de cores, rotuladores, ceras, acuarelas ou semellantes. Non se poderán empregar telas, algodón ou materiais con volumen.
A data límite para a presentación dos traballos será o 25 de abril de 2023.
Ánimo, encantaráme ver os vosos traballos!!!



CONCURSO:OS MEUS AVOS, MESTRES DA VIDA

 OS MEUS AVOS, MESTRES DA VIDA
Animádesvos a participar neste concurso? Imos...! 
Con el pretendemos recoñecer e valorar o papel dos avós e avoas dentro das familias e na sociedade en xeral. 
En que consiste? 
Deberedes realizar un debuxo cun slogan. A técnica será libre.
Cada debuxo deberá ir acompañado dun slogan ou dunha frase bonita para dedicarlla aos vosos avós e avoas. 
Realizaremos os debuxos nunha cartolina A4. 
A temática? 
A temática escollida debe representar algunha ou algunhas destas ideas:

- Que fai ou sabe facer o teu avó  ou avoa mellor que ninguén?
- Como é para ti o teu avó/avoa?
- Que é o que máis che gusta do teu avó/túa avoa?
- Que é o que che gustaría poder facer co teu avó/túa avoa?
- Ou calquera cousa relacionada ca temática do concurso.
Cando o tedes que entregar?
Tedes de prazo ata o día 26 de Abril.

ESPERO VER PRONTO O RESULTADO DOS VOSOS DEBUXOS!