viernes, 15 de enero de 2021

ENCONTRO CO AUTOR

Dentro das actividades propostas polo concello de Ourense, os alumnos de 5º levamos a cabo a actividade chamada "Encontros co autor". Nesta actividade, o concello regálalle a cada neno un libro de lectura en galego, o libro titulado "Plan de Rescate", que lemos e traballamos na aula e hoxe coñecimos a autora dese libro, Antía Yañez, a quen lle puidemos facer preguntas e conversar sobre a súa obra.
Dar as grazas ao concello de Ourense por achegarnos lecturas en lingua galega e a autora Antía Yañez pola súa amabilidade con nós.