sábado, 23 de diciembre de 2017

FELICES FESTAS

BO NADAL E FELIZ ANO 2018!!

Que disfrutedes moito destes días de descanso coa familia e cos amigos... cargade ben as pilas para coller o 2º trimestre con ganas!

Lembrade que volvemos ás aulas o luns 8 de xaneiro. Ata daquela... a desfrutar!

CONCURSO DE POSTAIS

Aquí vos presentamos a postal de Nadal gañadora na aula de 5º.
A súa autora é Ares León Gómez... toda unha artista! 


Só pode gañar unha, e esta foi a elixida, pero cómpre dicir que os nosos alumnos/as fixeron postais ben chulas! Noraboa a todos pola vosa creatividade... e a Ares por acadar o primeiro posto!

CLUBE DE DEBATE

Continuamos coa experiencia do noso clube de debate na aula de 5º.
Nesta ocasión, o tema de discusión foi a atención que reciben as persoas con discapacidade. Un tema moi interesante!

O participante máis votado, e polo tanto o gañador, foi...


Noraboa a Brais e a todos os demais!