OS MEUS AVOS, MESTRES DA VIDA
Animádesvos a participar neste concurso? Imos...!
Con el pretendemos recoñecer e valorar o papel dos avós e avoas dentro das familias e na sociedade en xeral.
En que consiste?
Deberedes realizar un debuxo cun slogan. A técnica será libre.
Cada debuxo deberá ir acompañado dun slogan ou dunha frase bonita para dedicarlla aos vosos avós e avoas.
Realizaremos os debuxos nunha cartolina A4.
A temática?
A temática escollida debe representar algunha ou algunhas destas ideas:
- Que fai ou sabe facer o teu avó ou avoa mellor que ninguén?
- Como é para ti o teu avó/avoa?
- Que é o que máis che gusta do teu avó/túa avoa?
- Que é o que che gustaría poder facer co teu avó/túa avoa?
- Ou calquera cousa relacionada ca temática do concurso.
Cando o tedes que entregar?
Tedes de prazo ata o día 26 de Abril.
ESPERO VER PRONTO O RESULTADO DOS VOSOS DEBUXOS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario