jueves, 23 de marzo de 2023

CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL " EU TAMÉN SON DIFERENTE"

 CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL " EU TAMÉN SON DIFERENTE"

Boas tardes. 
Co propósito de contribuír a visibilización e normalización das persoas , en especial dos nenos e nenas que presentan necesidades especiais ou algún tipo de discapacidade física ou intelectual, Productos Ecolóxicos Maruxas S.L organiza un concurso de debuxo infantil no que os nenos e nenas de Educación Primaria poderán materializar a súa visión sobre esta temática.
Cada participante presentará un traballo ORIXINAL (cartel, ilustración, debuxo,...) cunhas medidas DIN A4 en horizontal ou vertical. Para a realización do debuxo está permitido empregar as seguintes técnicas : lápices de cores, rotuladores, ceras, acuarelas ou semellantes. Non se poderán empregar telas, algodón ou materiais con volumen.
A data límite para a presentación dos traballos será o 25 de abril de 2023.
Ánimo, encantaráme ver os vosos traballos!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario