Hoxe dedicaremos o día a unha tarefa especial (non hai exercicios de mates e castellano)
- Hoxe imos a realizar unhas actividades especiais relacionadas co día das letras galegas, que se celebra o 17 de maio.
O día das letras galegas , é o mais importante para a lingua galega, pois é no dia no que se celebra a libertade da nosa fala propia, do galego, que estivo moitos anos oculta e prohibida.
Todos os 17 de maio, dedicamos o día a un ou unha escritora galega. Este ano, o protagonista e Ricardo Carvalho Calero, escritor que viviu a guerra civil nas súas carnes e a historia da lingua galega nun momento de escuridade.
Hoxe imos a coñecer diferentes aspectos da súa vida e realizar exercicios relacionados co día das letras galegas e Ricardo Carvalho Calero.
1- Para empezar veremos un vídeo sobre a biografía do autor.
2- Como segunda actividade imos a realizar un pequeno relato, que logo presentaremos a concurso. Leede atentamente a imaxe que vos deixo. Tedes que realizar un relato corto, de non máis de 500 caracteres (letras), e ten que empezar coa frase “Á sombra daquel carballo centenario
3- para rematar o día imos a realizar a última actividade. Tedes que elexir unha das caricaturas que vos deixo aquí e realizar unha versión vosa. Podedes elexir o debuxo que máis vos guste. Esforzádevos e facede un debuxo bonito : = )



