lunes, 14 de septiembre de 2020

Aulas Virtuales, Teledocencia

Ola a todos! Como xa sabedes este ano levaremos a cabo múltiples actividades na plataforma edmodo e cisco webex que serán as plataformas empregadas no caso da teledocencia. Déixovos uns vídeos explicativos para que vos axude a manexalas.

Aulas virtuais en Edmodo:

Servizo de vídeoconferencias Cisco Webex:

 


Velaquí as actuacións para o período lectivo NON PRESENCIAL:

  • O ensino non presencial será impartido polo profesorado ordinario do alumnado preferentemente a través da aula virtual de cada grupo. O profesorado realizará o seguimento do alumnado impartindo os coñecementos da materia de xeito virtual a través dos contidos dispoñibles ben achegados polo profesorado o ben os que poña a disposición a Consellería. Igualmente o/a profesor/a poderá poñer tarefas ao alumnado que reforcen co contido da materia ou a avaliación continua da mesma.
  • O equipo COVID do centro, a través desta enquisa en liña, identificará ao alumnado que teña dificultades de conexión o falla de equipamento para que a consellería adopte as medidas oportunas que minimicen as eventuais dificultades da educación realizada por medios telemáticos.
  • Para cada caso concreto de suspensión da actividade lectiva presencial a Consellería poderá adoptar as medidas oportunas en relación cos períodos ordinarios de avaliación do alumnado cando coincidan co tempo de suspensión.
  • Durante o período de suspensión da actividade presencial o centro ten previstas as seguintes medidas:

a)    O titor do grupo(s) clase(s) no(s) que se suspenda a actividade presencial publicará unha mensaxe no muro da correspondente aula virtual o 1º día de traballo telemático para convocar ao alumnado a unha reunión virtual a través da plataforma Cisco Webex e compartirá pautas para levar a cabo o teletraballo de forma satisfactoria.

b)    O titor do grupo(s) clase(s) no(s) que se suspenda a actividade presencial contactará cos pais/nais/titores legais por mensaxe privado a través das aulas virtuais para informar acerca da organización da teledocencia.

c)     Durante o período de teledocencia cada profesor compartirá unha mensaxe no muro da aula virtual á hora de inicio da súa actividade lectiva con instrucións breves, claras e precisas para consultar contidos ou completar tarefas. As actividades telemáticas centraranse nos contidos mínimos con vistas a afianzar as aprendizaxes básicas, serán avaliables e permitirán, segundo o caso, a autovaliación, a heteroavaliación ou a co-avaliación para garantir a avaliación continua e formativa. A asignación de actividades realizarase, na medida do posible, desde un enfoque interdisciplinar e integrador e evitará a sobrecarga de traballo ou o risco de perda do vínculo escolar.

d)    Cada profesor que imparta docencia nun grupo no que se suspenda a actividade presencial convocará un mínimo de 1 reunión virtual semanal en grupos de alumnos ou con todo o grupo clase no horario no que lle correspondería impartir docencia presencial.

e)    O horario de atención a nais/pais/titores legais de cada profesor manterase no período de teledocencia respectando as medidas recollidas no punto 15 do Plan de Adaptación a situación COVID 19 para o curso 2020-21.

f)      O horario de permanencia no centro cumplirase de forma telemática realizando as tarefas asignadas a cada profesor na medida do posible.

g)    Os docentes que impartan docencia nun grupo no que se suspenda a actividade presencial levarán rexistro da participación do alumnado na aula virtual e nas vídeoconferencias e comunicarán as ausencias ao correspondente profesor titor semanalmente. O titor será o encargado de comunicarse coas familias e gardar rexistro das comunicacións seguindo este protocolo:

1)    Comunicar a(s) ausencia(s) a través da mensaxería privada de Edmodo. De non ter resposta ou amosar reincidencia:

2)    Comunicar a(s) ausencia(s) por vía telefónica. De non ter resposta ou amosar reincidencia:

3)    Comunicar a(s) ausencia(s) á xefatura de estudos, que se comunicará coa familia de forma telefónica.

h)    O profesor titor compartirá cos alumnos no muro da súa aula virtual e por mensaxe privado coas familias información relevante sobre as medidas de hixiene e protección e datas previstas para o reinicio da actividade presencial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario