miércoles, 20 de mayo de 2020

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2020-2021


A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

O prazo de solicitude empeza hoxe 20 de maio e remata o 19 de xuño de 2020. 

Poden solicitala:
  • en liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365». 
  • presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30
Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de educación  aquí.


viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe dedicaremos o día a unha tarefa especial (non hai exercicios de mates e castellano)

  • Hoxe imos a realizar unhas actividades especiais relacionadas co día das letras galegas, que se celebra o 17 de maio. 



O día das letras galegas , é o mais importante para a lingua galega, pois é no dia no que se celebra a libertade da nosa fala propia, do galego, que estivo moitos anos oculta e prohibida. 


Todos os 17 de maio, dedicamos o día a un ou unha escritora galega. Este ano, o protagonista e Ricardo Carvalho Calero, escritor que viviu a guerra civil nas súas carnes e a historia da lingua galega nun momento de escuridade. 


Hoxe imos a coñecer diferentes aspectos da súa vida e realizar exercicios relacionados co día das letras galegas e Ricardo Carvalho Calero.


1Para empezar veremos un vídeo sobre a biografía do autor.







2- Como segunda actividade imos a realizar un pequeno relato, que logo presentaremos a concurso. Leede atentamente a imaxe que vos deixo. Tedes que realizar un relato corto, de non máis de 500 caracteres (letras), e ten que empezar coa frase “Á sombra daquel carballo centenario


3-  para rematar o día imos a realizar a última actividade. Tedes que elexir unha das caricaturas que vos deixo aquí e realizar unha versión vosa. Podedes elexir o debuxo que máis vos guste. Esforzádevos e facede un debuxo bonito  : = )

                

          

                   

viernes, 8 de mayo de 2020

INSTRUMENTOS MUSICALES DE EUROPA

Hola chicos y chicas! La profe MªJosé de música ha preparado este mapa interactivo tan chulo con vuestros trabajos sobre los instrumentos de Europa. Os dejo el enlace. Disfrutarlo! Gracias MªJosé!

https://es.padlet.com/novoescan/uuz7l14klio45sg1