viernes, 29 de enero de 2021

Coñecemos a Cardio

 Acaba de chegar un novo alumno a nosa clase Eder e, como non podia ser doutro xeito, presentámoslle a Cardio. Tamén a nosa compañeira Mareme o coñeceu.



Día da PAZ

 Un ano máis conmemoramos o "Día da Paz" pedindo que se converta nunha realidade que oxalá non houbese que desexar... A PAZ.

Hoxe fixeste en clase coa profe Pamela un colar co símbolo da PAZ lembrando que celebrámolo hoxe pero é bonito practicala todos os días. A PAZ COMEZA CUN SORRISO.



jueves, 21 de enero de 2021

Somos mediadores

 Como xa dixemos con anterioridade, os alumnos de 5ºEP son parte do equipo de mediadores do centro dirixidos pola nosa orientadora Ángeles. Pois non podiamos deixar de conmemorar o "Día da Mediación". Aquí vos deixo un vídeo que fixeron o equipo de mediación do centro co equipo de orientación.




viernes, 15 de enero de 2021

ENCONTRO CO AUTOR

Dentro das actividades propostas polo concello de Ourense, os alumnos de 5º levamos a cabo a actividade chamada "Encontros co autor". Nesta actividade, o concello regálalle a cada neno un libro de lectura en galego, o libro titulado "Plan de Rescate", que lemos e traballamos na aula e hoxe coñecimos a autora dese libro, Antía Yañez, a quen lle puidemos facer preguntas e conversar sobre a súa obra.
Dar as grazas ao concello de Ourense por achegarnos lecturas en lingua galega e a autora Antía Yañez pola súa amabilidade con nós.