miércoles, 24 de febrero de 2021

Día de Rosalía de Castro

 Ola a todos, hoxe conmemoramos na aula o Día de Rosalía de Castro. Lembramos quen foi esta gran escritora para a nosa lingua e para as nosas letras e a importancia que tivo. 

Logo montamos o seu retrato a partires de varias pezas. Aquí tendes o resultado:








viernes, 12 de febrero de 2021

Chegou o Entroido

 Un ano mais chega o entroido as nosas aulas! Así que non deixamos de disfrazarnos co complemento de moda deste ano, a máscara e con todas as medidas necesarias para continuar a coidar da nosa saúde. Aquí podedes ver os disfraces escollidos nesta ocasión.















viernes, 29 de enero de 2021

Coñecemos a Cardio

 Acaba de chegar un novo alumno a nosa clase Eder e, como non podia ser doutro xeito, presentámoslle a Cardio. Tamén a nosa compañeira Mareme o coñeceu.



Día da PAZ

 Un ano máis conmemoramos o "Día da Paz" pedindo que se converta nunha realidade que oxalá non houbese que desexar... A PAZ.

Hoxe fixeste en clase coa profe Pamela un colar co símbolo da PAZ lembrando que celebrámolo hoxe pero é bonito practicala todos os días. A PAZ COMEZA CUN SORRISO.



jueves, 21 de enero de 2021

Somos mediadores

 Como xa dixemos con anterioridade, os alumnos de 5ºEP son parte do equipo de mediadores do centro dirixidos pola nosa orientadora Ángeles. Pois non podiamos deixar de conmemorar o "Día da Mediación". Aquí vos deixo un vídeo que fixeron o equipo de mediación do centro co equipo de orientación.